¿Qué implica psicológicamente el diagnóstico de una enfermedad grave?  Hablamos con Jose Berdullas, psicólogo clínico en el Sergas

¿Qué implica psicológicamente el diagnóstico de una enfermedad grave?  Hablamos con Jose Berdullas, psicólogo clínico en el Sergas
Jose Berdullas, psicólogo clínico: "O máis probable é que a maior parte da xente ao longo da súa vida non necesite dun profesional da saúde mental ou se o necesita, sexa durante un tempo" | CEDIDA

Recibir un diagnóstico de una enfermedad grave o crónica puede desencadenar un fuerte impacto emocional en los pacientes. En algunos casos, la incapacidad de gestión ante la situación incluso deriva en una enfermedad mental como es la depresión o la ansiedad. 

 

Jose Berdullas Barreiro (Santiago, 1980) trabaja como psicólogo clínico en el Sergas y es vocal del Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Ha respondido a cuestiones en torno a este tema para SaludIdeal. 

 

¿Cuándo es necesario contar con la presencia de un profesional de la salud mental para afrontar una situación complicada?

Os profesionais de saúde mental, malia que deben estar dispoñibles e accesibles para a toda a poboación, non temos que entrar sempre a traballar. O máis probable é que a maior parte da xente ao longo da súa vida non necesite dun profesional da saúde mental ou se o necesita, sexa durante un tempo. Non temos que partir de que as persoas non son capaces de xestionar estas dificultades. É certo que ás veces, persoas máis vulnerables ou calquera nunha situación máis vulnerable, como é por exemplo a comunicación dunha enfermidade física importante ou de diagnóstico grave, pode necesitar esta atención. 

 

¿Existe alguna enfermedad física que habitualmente implique intervención psicológica?

Hai enfermidades que habitualmente temos presentes e o seu nome ten un impacto emocional na poboación. Unha de estas, por excelencia, é o cancro. Parece que cando falamos de cancro todos nos poñemos nun prognóstico infausto ou unha evolución mala. 

 

¿Cuál es la reacción en la mayoría de estos casos?

Para o noso nivel emocional supón un golpe importante aínda que logo as cousas vaian ben. A saúde mental ten que ver con sentir en cada momento o que hai que sentir. Hai que permitirlle á persoa sentir durante un tempo prudencial (que ten que ver co estilo da persoa, dificultades que teña, intensidade do golpe emocional) tristeza e diferentes emocións. 

 

¿Cuál es la función del psicólogo ante el diagnóstico?

Non temos que recomendar dende o primeiro minuto un tratamento psicolóxico porque pode resultar invasivo para a persona que nese momento ten que procesar o que lle está pasando. Tamén é importante que se apoie en xente do seu arredor e que os profesionais non apartemos a esas persoas da rede. De facer a intervención psicolóxica nun momento que non é preciso, ás veces impídese que a propia persoa ou o propio círculo desenvolva os mecanismos que ten de por si. Porén, nalgunhas persoas o impacto é tal que trastoca a vida enteira e nestes casos si deberiamos considerar que sexa atendido por un psicólogo clínico. 

 

¿Qué educación emocional es necesaria para sobrellevar estas situaciones?

A primeira educación debería empezar polos profesionais da saúde. En ocasións as noticias danse mal e os pacientes necesitan escoitar que van ser acompañados no camiño. Esta cuestión ten que ver tamén coa angustia dos profesionais, que a veces non están preparados para facer isto. 

 

¿Y entre los propios afectados, cómo se fortalecen los mecanismos de gestión emocional?

Ultimamente fomos perdendo mecanismos comunitarios que tiñamos. Antes cando alguén tiña un diagnóstico era raro que estivese só no hospital. Sempre había alguén acompañándoo ou tiña lugares de encontro na comunidade, sobre todo se falamos do rural. Agora algo que manifestan moitas persoas é a soidade, unha soidade non desexada, e as cousas en soidade lévanse sempre peor.

 

Además del sentimiento de soledad, ¿Qué más señalan los pacientes?

Unha enfermidade deste estilo ou un diagnóstico que pode ser fatal, sitúanos, de súpeto, ante a posibilidade da morte, algo do que no día a día non somos moi conscientes. Nesta sociedade escápase da morte. Non se fala dela, os nenos non forman parte do proceso, ocúltase, os tanatorios póñense fóra da cidade e deposítase toda a esperanza na ciencia como se ela nos fose a salvar de todo. A morte é algo duro, que hai que aprender a levar, e apréndese socialmente. 

 

¿También tiene un peso importante la culpa?

Si. Ás veces a culpa é racional, polo estilo de vida que levamos ou polo que teriamos que ter feito para evitar algo. Na maioría dos casos é absolutamente irracional. Moitas veces a culpa busca, aínda que pareza paradóxico, unha sensación de control, da capacidade de ter parado algo no pasado ou no presente. Tamén existe o medo a transmitir a enfermedade se temos fillos ou mesmo, ante a aparición dunha enfermidade limitante progresiva, a condicionar a vida dos que temos ao redor. 

 

No se quiere ser una carga…

Non vivimos nunha sociedade na que o coidado se valore como positivo moitas veces. Consideramos que as labores de coidado son para persoas menos capaces, están ligadas a cuestións de xénero e as profesións de coidado aínda están por debaixo das que supoñen unha curación. Está moi marcado isto de non querer ser unha carga para os demais, non queremos decidir a vida dos outros. Considérase que coidar non é medrar e eu creo que coidar a nivel sociedade nos fai mellores.

 

¿Y cómo se comunica al entorno más cercano cómo se siente el paciente ante la enfermedad?

Temos un concepto moi traballado que é o da “conspiración do silencio”. Refírese a cando unha persoa ten unha enfermidade e o que fai é calar. É un intento de protexer ao outro. Tamén sucede ao contrario, cando unha persoa cercana está nunha situación mala por evitar danar ou dificultarlle as cousas tendemos a non falar. Temos que educar a sociedade e comunicar máis do que nos costa. 


¿Y si hay personas que no quieren hablar?

Hai xente que non quere falar e se alguén non quere falar debemos respetalo. Debemos devolverlle á persoa o dereito a decidir sobre a propia vida. De feito, moitas veces nestes diagnósticos deberiamos preguntar á persoa se quere saber, canto quere saber e que é importante saber para ela. Porén, hai xente que non é capaz de falar, esos son os que hai que axudar. 

 

¿Es posible ofrecer esta ayuda cuando existe una media de 5,2 psicólogos por cada 100.000 habitantes en Galicia?

Claro que non. Nunha Unidade de Saúde Mental dende que o médico de cabeceira solicita a cita pode tardar en producirse entre tres meses e un ano. O mesmo sucede co seguimento. Non hai accesibilidade nin acompañamento. Os pacientes con dificultades de saúde mental están abandoados non Sergas a día de hoxe. Temos profesionais moi bos, moi capaces, pero que non poden traballar.  Mesmo nas consultas privadas hai grandes dificultades de axenda. 

¿Qué implica psicológicamente el diagnóstico de una enfermedad grave?  Hablamos con Jose Berdullas, psicólogo clínico en el Sergas

Te puede interesar

Lo más visto